RGPD - Cookies
Comarcas

Mos prepárase para vivir un verán cheo de deporte

O Campus deportivo de verán de Mos quenta motores. Dirixido para nenos de entre 6 e 14 anos de 09 a 20 horas, coa posibilidade de participar todo o día ou media xornada, o campamento celebrarase entre o 23 e o 29 de xuño. Durante estes días, os cativos practicarán fútbol sala, natación, balonmán, patinaxe, ciclismo e atletismo. Ademais contarán con actividades recreativas e culturais tales coma charlas e coloquios con deportistas profesionais, reproduccións audiovisuais, obradoiros formativos, a Festa da Bicicleta, unha excursión, unha ruta de sendeirismo…

Se estás interesado xa podes inscribirte ou ter máis información na Piscina Municipal e no Multiusos da localidade, ou chamando aos teléfonos 986 334 070 e 986 339 404.

II Torneo de Fútbol 7

Por outra banda, esta fin de semana (12 e 13 de xuño) celébrase o II Torneo de Fútbol 7 masculino Concello de Mos, que terá lugar no Campo de Fútbol de Cototorrón, en Tameiga. Os catro primeiros clasificados recibirán, ademais do trofeo, premios de entre 700 e 200 euros.

También te puede interesar