Galicia

Se queres desgravar por I+D+i, o informe tamén é subvencionado

A Xunta acaba de abrir o prazo para solicitar axudas para o fomento do uso das deduccións fiscais e das bonificacións na cotización á Seguridade Social por actividades de I+D+i subvencionando entre o 30 e o 60 por cento, dependendo de se é unha gran empresa ou unha peme, dos gastos de elaboración dos informes necesarios para optar a estas axudas. Estas subvencións, que se poden pedir ata o 13 de novembro, teñen un orzamento de 300.000 euros.

Para certificar que as actividades da empresa cumpren os requisitos para ser consideradas de investigación, desenvolvemento e innovación teñen que presentar unha serie de informes previos de carácter vinculante emitidos por entidades acreditadas cuns custos importantes para as empresas.

Deste xeito, o DOG recolle tres modalidades de axudas cunha subvención máxima de 4.000 euros por proxecto para deduccións fiscais, 12.000 para a sistemática de uso das deduccións fiscais por actividades de I+D+i e de 3.000 para bonificacións na cotización á Seguridade Social. Só tes que encher o formulario de solicitude a través da oficina virtual da Consellería de Economía e Industria.

También te puede interesar