_agenda Agenda

A esta ronda de cultura invita Landriña

Os ‘Domingos de museo’ para as familias invítate hoxe a que pases polo Museo Quiñones de León para disfrutar do obradoiro ‘O xogo da abstracción’, un taller gratuito para nenos de entre 4 e 12 anos co que coñecer o Museo da Cidade a un grupo de ata 25 persoas sen necesidade de facer reserva. Os familiares que acompañan aos cativos poden participar con eles na actividade ou deixalos ao coidado dos educadores.

A mascota do museo, Landriña, levará aos participantes a coñecer o que se denomina abstracción mediante un paseo polo centro no que se comprobará se é posible contar algo a través das formas e das cores. O obradoiro terminará coa creación dun cadro de dúas caras, unha figurativa e outra abstracta. A actividade será de 11:30 a 13:30 horas.

También te puede interesar