_agenda Agenda

Nunca revisar un exame foi tan terrorífico

Uns alumnos conflictivos quedan pechados dentro do seu colexio durante a revisión dun exame. E, a partir de aí, o terror apodérase das aulas. Este é o resumo de ‘O mestre’, unha historia de terror adolescente que bebe de clásicos como ‘Halloween’ ou ‘Sream’ e o eixo central da curtametraxe que os alumnos de producción de cine do IES Audiovisual de Vigo están a gravar esta semana como parte dos seus proxectos de fin de curso.

A curta conta coa presenza do actor e escritor Carlos Meixide e a do actor Adrián Ríos, que ven de participar na rodaxe da última película de Antón Reixa. Se tes curiosidade por coñecer as instalacións do centro e asistir á gravación estás invitado. Só tes que pasarte pola rúa Eduardo Cabello, detrás do Instituto de Investigacións Mariñas, en Bouzas.

También te puede interesar