Cultura Vigo al minuto

Aquí todo está feito de boa man

Se queres produtos artesáns, de boa calidade, feitos con agarimo e esmero e que ademais axuden á integración social e laboral das persoas con discapacidade, o teu sitio é ‘De Boa Man’. O tradicional mercadillo voltou abrir as súas portas na rúa do Príncipe (confluencia con Velázquez Moreno), onde estarán ata o venres con produtos realizados polos integrantes de 8 entidades que traballan no eido da discapacidade: Alento, Apamp, Aspanaex, Aspavi, Cogami, Doa, Menela e San Rafael.

Os artigos expostos durante estos días son feitos por persoas con distintos tipos de discapacidades ao longo de todo o ano e a súa venta en Príncipe é unha forma de poñer de manifesto a súa capacidade á hora de realizar un traballo. Alí poderás atopar desde cerámica, madeira ou coiro ata xoguetes, cadros, bisuterías ou xabróns.

También te puede interesar