Destacados Música y Cine

Troula e tradición no colexio Carballal

Nove anos apostando pola recuperación das nosas tradicións, por evitar a perda do enxebre e manter viva parte da cultura galega. Para iso naceu o Serán que celebra cada ano a asociación cultural O Coto no Colexio Carballal de Cabral. Nesta ocasión será esta tarde a partires das 21:30 horas.

Unha novena edición na que, despois do éxito de participación de anos pasados, quéreselle agradecer aos veciños a colaboración e os ánimos para manter viva a tradición e aos grupos de pandereteiras, gaiteiros… que participan e que coas súas cantigas populares e a música tradicional fan pervivir no tempo unha parte importante do noso pasado. Por iso, están todos invitados a este novo serán no que a media noite servirase un aperitivo e chocolate quente para todos.

O serán era o modo de diversión e pasatempo dos antepasados dos galegos que ao son das pandeiretas, gaitas, pandeiros, cunchas e demais improvisados instrumentos os veciños facían as súas festas poñendo letra e melodías populares e bailando ata non poder máis. Non deixes de ir, pasaralo moi ben.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.