Comarcas

Piden que se axilice a tramitación de licenzas urbanísticas en Salvaterra

O grupo municipal nacionalista de Salvaterra reclama ao goberno do Partido Popular que poña en marcha as medidas oportunas para axilizar os trámites de licenzas urbanísticas na vila, un servizo que está externalizado co contrato de dous asesores que cobran 3.000 euros mensuais por 8 días de traballo ao mes.

Para o BNG, o volume de traballo existente “xustifica a convocatoria de unha ou varias prazas para este posto”, un custe que se Salvaterra non pode asumir os nacionalistas propoñen que o faga de xeito mancomunado con outros municipios da zona.

“A xestión que desenvolve o goberno de Salvaterra, ademais de retrasar o procedemento de concesión de licenzas, propicia que este servizo incremente o seu prezo para as arcas municipais”, asegura Gabriel Martínez. Segundo o concelleiro nacionalista, este situación é especialmente preocupante nun momento de crise como a actual, na que a débeda do Concello de Salvaterra “aumenta perigosamente ano a ano”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.