Galicia Literatura

Aprobada a cesión do legado de Cela á Cidade da Cultura

O escritor galego Camilo José Cela.
O escritor galego Camilo José Cela.

A polémica está servida. A Fundación Camilo José Cela acaba de aprobar o traslado dos fondos do escritor galego á Cidade da Cultura de Santiago, onde pasarían a ser públicos e a ser xestionados pola Xunta. E a corporación municipal de Padrón xa mostrou o seu desacordo por perder o fondo documental, da biblioteca e de manuscritos do escritor e porque non se intente buscar unha solución á difícil situación económica pola que pasa a fundación que leva o nome do Premio Nobel.

Neste acordo co Goberno autonómico, o legado seguiría sendo propiedade da Fundación, que cambiará a súa composición, incluida a presidencia. Tras a retirada de parte da financiación privada a situación financieira da entidade é dramática, polo que dende hai semanas ambos entes traballan para transformar a fundación situada en Iria Flavia, cidade natal do escritor, e para acelerar a declaración do patrimonio como Ben de Interés Cultural.

O legado de Cela inclúe borradores e manuscritos da súa prolífica obra, ademáis dun importante epistolario, da súa biblioteca de traballo e toda a bibliografía pública sobre el e os seus documentos, así como a inmensa maioría das informacións publicados na prensa desde os anos 40, todas as edicións e traducións da súa obra e un arquivo completo da revista Papeles de Son Armadans, que fundou e dirixiu entre 1956 e 1979.

También te puede interesar