Comarcas

Se vives en Redondela e tes fillos, pide xa a axuda para os libros

O Concello de Redondela xa abríu o prazo de presentación de solicitudes de axuda para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2010-11 para os alumnos de Educación Infantil. Unhas bolsas que irán dirixidas a familias cuns ingresos desde os 900 euros para unidades de dous membros ata os 4.050 en unidades familiares de 9 membros.

O prazo estará aberto ata o 18 de xuño para presentar as instancias, en modelo oficial, no Rexistro Xeral do Concello dirixidas á Alcaldía-Presidencia. Deberán ir acompañadas pola fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte, pola fotocopia do libro de familia, a fotocopia cotexada da declaración da Renda do último ano de todos os membros da familia maiores de idade, o xustificante de ingresos dos maiores de 16 anos, o certificado de estar ao corrente do pago con Facenda e do grao de minusvalía se fora o caso.

Para máis información poden dirixirse ao departamento de Educación, no segundo andar da Casa do Concello, ou ben chamando ao teléfono 986 400 300 e preguntando por Clara.

También te puede interesar