RGPD - Cookies
Galicia

O 90 por cento das axudas pedidas por agricultores e gandeiros son para o pago único

A Consellería de Medio Rural recibiu 42.373 solicitudes de agricultores e gandeiros para axudas dentro do marco da Política Agrícola Común (PAC) 2010, máis do 90 por cento para o pago único por explotación desligado da producción obtida pero dependente da superficie empregada. E para solicitalas en 2010 declaráronse máis de 530.ooo hectáreas, un 2,36 por cento máis que o ano pasado, o que indica un aumento da superficie media por explotación.

En total, 25 tipos de axudas diferentes dos que 13 son pagos directos a agricultores e gandeiros, como o pago único e as axudas por vacas nutrices, e outros 12 corresponden a axudas ao desenvolvemento rural, como a indemnización compensatoria e as do contrato de explotación sustentable.

Os agricultores dispuxeron este ano dun alto número de puntos en toda Galicia para a tramitación deste tipo de axudas, grazas a unha serie de convenios de colaboración asinados co Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), 13 entidades financeiras, 24 entidades de aconsellamento a explotacións agrarias e a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA).

Aínda é posible presentar este tipo de solicitudes ata o vindeiro 8 de xuño, pero cunha redución da axuda dun 1 % por cada día hábil que supere a data do 14 de maio. Por outra banda, naqueles casos nos que se queira modificar, engadir ou quitar parcelas da solicitude presentada, así como un cambio do uso que, no Sistema de Información Xeográfico de Parcelas (SIXPAC), ten asignado unha finca. Este trámite pode realizarse nas Oficinas Agrarias Comarcais da Consellería do Medio Rural ata o vindeiro 31 de maio.

También te puede interesar