Destacados Vigo al minuto

A Universidade tamén mata por Tano

Salustiano Mato sucederá a Alberto Gago ao frente da Universidade.
Salustiano Mato sucederá a Alberto Gago ao frente da Universidade.

Alberto Gago xa ten sucesor para dirixir a Universidade de Vigo: será Salustiano Mato, candidato de Alternativa Universitaria, gañador das eleccións celebradas hoxe nos tres campus tras acadar o 52,6 por cento dos votos ponderados. Cunha campaña marcada pola polémica e as novas tecnoloxías, cun clube de fans en Internet que colgaban videos nos que chegou a aparecer ata unha falsa amante e co lema ‘Euxtanomato’, a imaxe e semellanza de Belén Esteban e o mundo do corazón, Mato ten como obxectivos prioritarios para esta lexislatura a financiación e o Campus do Mar.

Será o quinto reitor que pase pola Univesidade de Vigo con 2.512 votos dos 5.471 emitidos ao longo da xornada electoral no campus vigués. O 90 por cento do funcionario doutor exerceu o deu dereito a voto, unha porcentaxe lixeiramente inferior aos anteriores comicios. Tamén baixou a participación no PDI, que nesta ocasión acadou o 56 por cento e mantéñense as de alumnado e PAS cun 16 e un 75 por cento de participación, respectivamente. E, como ocorrera en anteriores citas electorais, Salustiano Mato conseguíu a confianda de todos os sectores, agás do persoal de administración e servizos, que apoiou a Nova Universidade e Jaime Cabeza.

Doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago e catedrático de Zooloxía da Universidade de Vigo, desenvolveu a súa carreira investigadora no campo das miñocas de Galicia participando en diversos proxectos de inventario e catalogación de invertebrados terrestres e publicando diferentes traballos en revistas científicas de prestixio internacional. Tras o seu paso por Estados Unidos, Mato regresou a Galicia cunha nova liña de investigación baseada no deseño de sistemas de compostaxe nos que primara un correcto desenvolvemento do proceso biolóxico fronte a criterios meramente tecnolóxicos. Ademáis, foi director xeral de I+D+i da Xunta durante o mandato do Bipartito.

O gran derrotado da xornada foi o líder de Nova Universidade, Jaime Cabeza, que acadou o 47,4 por cento dos votos ponderados. Un resultado «decepcionante» que non consigue quitarlle a sensación de que deixou o traballo ben feito. Cabeza, catedrático en Dereito do Traballo, amosou o seu total apoio a Salustiano Mato para deseñar o futuro da Universidade de Vigo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.