Comarcas

Denuncian a masificación e o deterioro do Bouza Brey de Ponteareas

O grupo municipal do BNG vén de denunciar que xa pasou un ano desde que se aprobara por unanimidade mellorar os centros de ensino de Ponteareas e construir un novo centro de Primaria e que aínda non se moveu nin un dedo para facelo. Por iso, pedirá que o alcalde da vila e o concelleiro de cultura comparezan no pleno do vindeiro 27 de maio para dar conta desta xestión, xa que non se levaron a cabo nin as labores de mantemento, conservación e obras menores necesarias nos centros antes de comezar  o curso.

Os nacionalistas alertan da masificación en Primaria, ao que se suman os problemas de deterioro do CEIP Fermín Bouza Brey. Neste centro estudan 600 alumnos, o dobre do para que foi construido, o que significa unir aulas, prescindir de espazos como laboratorio, diminuir as aulas de informática… para dar cabida a todos os estudante, o que implica un “evidente deterioro da calidade do ensino”. Para o BNG a única solución pasa por por a disposición da Xunta os terreos para construir un novo centro, a pesares de que o Goberno autonómico insiste nunhas obras de ampliación do actual centro que o Consello Escolar non ve viable.

También te puede interesar