Vigo al minuto

Se vas a Castelao, monta aquí e pedalea

 

bicicletaO Concello iniciará nas vindeiras semanas os traballos de adecuación dun carril bici na Avenida de Castelao. A actuación, que prevé unha inversión de 290.000 euros, recolle a adecuación dun sendeiro existente como tramo de carril bici de máis de 1,5 kilómetros de lonxitude e o acondicionamento da superficie mediante un tratamento superficial de color previa limpeza da mesma.

 

Segundo unha nota difundida pola Alcaldía, o proxecto, no que traballarán oito persoas durante un período aproximado de seis meses, recolle tamén a instalación da sinalización necesaria, vertical e horizontal, aportando seguridade ao percorrido, “xerarquizando o tráfico rodado, peonil e ciclista“.As obras foron adxudicadas provisionalmente en Xunta de Goberno a pasada semana e estarán financiadas con cargo ao Fondo Estatal para o emprego e a sostenibilidade local (FEESL). A aposta do goberno local pola bicicleta responde a potenciación dunha cidade sostible e ecolóxica“, asegura a nota, de feito, “o uso da bici está amplamente recoñecida como unha actividade sana e económica, ademáis de ter efectos beneficiosos non só para as persoas que a usan senón para a sociedade en xeral».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.