Agenda Cultura

Máis de 2.000 personas constrúen a cidade dos seus soños

Máis de 2.000 personas participaron na creación do mural e non querrán perderse a súa inauguración hoxe en Castrelos. A partires das 12 horas autoridades e participantes inaugurarán o mural ‘Pegadas de fume’, unha obra que forma parte do proxecto artístico ‘Cidade dos soños’ co que se busca acadar a implicación da cidadanía para crear unha obra de arte colectiva. Cunhas dimensións de 13 metros de longo por 3 de alto, está composto por azulexos cerámicos que foron engadíndose durante dous fins de semanas no parque de Castrelos e levará no reverso o nome de todas as persoas que participaron na súa creación.

Esta será a primeira das actividades que acolla o parque vigués nunha xornada adicada as Letras Galegas, que culminará cun recital poético a cargo da poetisa galega María do Carme Kruckenberg tras a foto de familia . Ao longo de toda a xornada celebrarase a terceira edición da Festa das Letras de Castrelos, onde poderáse visitar durante todo o día a exposición ‘O galego, tamén noutros mundos’, que amosará a presenza do galego noutros países do globo terráqueo.

También te puede interesar