_agenda Agenda

Música e teatro nos lugares máis insospechados no Día dos Museos

Vigo festexará o Día Internacional dos Museos por todo o alto. Con actividades entre o 18 e o 22 de maio, poranse en marcha actividades nos xacementos arqueolóxicos de O Castro e Toralla e nos museos do Verbum, Castrelos e Casa das Artes.

O programa comezará o día 18 no Castro con dúas teatralizacións de cómo vivían os habitantes do poboado castrezo hai 2.000 anos. Unha representación muda e un experimento único en Galicia, xa que se descoñece a lingua na que se expresaban os castrexos.

Xa ao día seguinte, o Verbum acollerá un concerto do programa Duplo R (20:30 h), no que se amosará a relación dunha tradición histórica como a regueifa e un movemento actual como o rap. O día 20, a iniciativa prevista será na Casa das Artes, na que se desenvolverá unha actividade vencellada ao Archivo Pacheco.

O día 21 o xacemento de Toralla será o escenario no que terá lugar un concerto de arpa a cargo de Lulavai (ás 22 horas). E, para rematar, o 22 de maio o pazo e os xardíns de Castrelos acollerán dúas visitas teatralizadas (17:30 e 20:30 horas) coa presenza da propia marquesa. Se tes humor, anímate e participa nesta última iniciativa vestido con roupa de época.

Actividades de balde que se sumarán ao día 18, no que non se pagará entrada en ningún dos museos da cidade.

También te puede interesar