Galicia

Un morto nas estradas galegas esta fin de semana

En total, 80 persoas atendidas en 62 accidentes de tráfico é o balance final do ocorrido a fin de semana nas estradas galegas, nas que houbo que lamentar un morto. O domingo foi o día negro, con 24 sinistros, case o 39 por cento do total. Pontevedra volveu ser unha fin de semana  máis a provincia con máis accidentes, con 32 sinistros, máis da metade dos ocorridos. Séguelle A Coruña con 15 accidentes, Ourense (8) e Lugo (7).  O 53 por cento dos accidentados foron homes e o 46 por cento tiña entre 15 e 29 anos.

Dentro das actuacións, 67 feridos foron trasladados aos centros hospitalarios, en dúas ocasión a un centro de saúde e 10 foron atendidas no propio lugar do incidente. Un faleceu no mesmo lugar do sinistro.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.