Deportes

Teixugos, Dumbría e Val Miñor, gañadores do Promoción Slalom

O mal tempo reinou durante toda a xornada, pero a pesares da choiva e do vento o público asistente puido presenciar unha bonita proba, a III Competición promoción Slalom, que se celebrou en Ponte Arnelas, Ribadumia e da que resultou gañador na clasificación por clubes o Clube Os Teixugos de Goián, mentres que o Piragüismo Dumbría quedaba de subcampión e o Val Miñor de terceiro clasificado. Vencedores absolutos nun circuito de 12 portas cheo dun gran atractivo tanto a nivel deportivo como de visualización.

O vindeiro domingo día 16 de maio Ribadumia voltará a ser a protagonista absoluta de cara ás competicións de piragüismo, posto que terá lugar a XVI Baixada ao Umia.

También te puede interesar