Galicia

ESO de estudiar non se acaba

Se aínda non tes o teu título de Educación Secundaria Obrigatoria, a Xunta acaba de convocar as probas para maiores de 18 anos para obter por libre o graduado. Os exames celebraranse o día 10, tanto na convocatoria de xuño como de setembro, e estruturaranse arredor de 3 ámbitos: comunicación, científico-tecnolóxico e social. Podes inscribirte entre o 18 e 28 de maio para a proba de xuño ou entre o 1 e 3 de setembro se queres presentarte á proba despois do verán.

Se podes acreditar ter superado algún grupo das materias a exame noutras convocatorias non terás que volver a presentarte a elas. No caso de estar matriculados de xeito oficial na ensinanza da ESO para persoas adultas, de xeito presencial ou a distanca, os aspirantes deberán renunciar ao dereito de ser evaluados polos centros de ensinanza.

También te puede interesar