RGPD - Cookies
Galicia

Máis de 3.000 productores de carne protestan pola falta de axudas

Unións Agrarias conseguíu levar a máis de 3.000 productores de carne hoxe ata Santiago para protestar polo recorte dun 30 por cento nas axudas públicas e dos baixos prezos que se pagan en orixe, co conseguinte risco de peche de explotacións.

Con grandes tambores e instrumentos de son metálico e moi ruidoso, xente disfrazada e atitude case festiva, os manifestantes recorreron as rúas da capital con lemas como ‘Pola supervivencia da gandería, prezo de recoñecemento polo noso traballo’ e ‘Sen gandería non hai territorio’.

As axudas públicas supoñen ata o 50 por cento dos ingresos das 20.000 granxas dedicadas polo que de non manterse piden que se pague o traballo dos gandeiros a través do precio do quilo de carne, que pasaría a costar ata 30 euros o quilo e reduciría o mercado de venta. E é que nos últimos 25 anos o prezo da carne creceu apenas un 25 por cento cando o IPC fixoo un 265 por cento.

También te puede interesar