Destacados Vigo al minuto

O Convention Bureau traerá a Vigo máis de 2,4 millóns de euros

O primeiro congreso internacional que organizará o Vigo Convention Bureau encherá os petos dos vigueses. O XII Congreso Internacional de Medicina Xeral e de Familia e o XVIII Congreso Nacional que se celebrará no Ifevi do 18 ao 21 de maio do vindeiro ano traerá á cidade máis de 3.000 persoas que se espera que gasten unha media de 200 euros ao día. En total, case 10.000 pernoctacións e 2,4 millóns de euros de retorno económico para a cidade.

Deste xeito conséguese desestacionalizar o turismo na cidade e traer a Vigo xente que doutro xeito probablemente non viría e que chegará á cidade un día antes de que comece o congreso. En novembro unha delegación do congreso visitará Vigo para ultimar os detalles da convocatoria e o Convention Bureau irá a Granada, sede esta ano, para coñecer de primeira man a dinámica do evento e perfilar o conxunto de actividades culturais e de lecer que se lle ofrecerá a congresistas e aos preto de 500 acompañantes.

O congreso esixirá dispor de tres salas, cunha capacidade de 1.700, 600 e 200 persoas, respectivamente, e un lugar para realizar comidas de traballo para unhas 1.400 persoas, para as que tamén se ofrecerá unha cea de gala. Ademáis, habilitaranse 2.000 metros cadrados para ubicar stands de laboratorios e empresas farmacéuticas.

También te puede interesar