Destacados Vigo al minuto

O Concello quere expulsar a metade das gaivotas

Un ano máis, o Concello acaba de abrir a campaña de control da colonia de gaivotas coa que se retiran ovos a petición cidadá no 010 como de oficio en zonas de nova expansión, todo para rebaixar as molestias producidas aos cidadáns e para rebaixar á metade o número de exemplares, que en Vigo se eleva a mil parellas. Polo momento xa se atenderon 55 chamadas para a retirada de ovos dos niños dentro da campaña que durará do 15 de maio e o 17 de xuño, época previa á eclosión.

A maioría das chamadas atendidas este ano responden a molestias producidas pola agresividade dos animais en época de cría e porque os niños atascan algunha canalización nos edificios. Mentres, se actuará de oficio en zonas de expansión da colonia que os biólogos detetaron en Teis, Sanjurjo Badía, a Travesía de Vigo, o Calvario e Balaídos e os novos asentamentos identificados na Doblada, Guixar, na ETEA e no suroeste de Coia.

Ademais das 1.000 parellas rexistradas en Vigo, nas Illas Cíes refúxianse outras 3.000 parellas, o que representa máis da terceira parte das presentes en toda a fachada atlántica entre Rotterdam e Portugal. O ano pasado retiráronse 272 niños, 267 ovos, 118 polluelos feridos e 92 exemplares adultos a petición dos cidadáns.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.