Galicia Vigo al minuto

Máis de mil coches usados esperan encontrar dono no Ifevi

Se queres coche de segunda man, no Ifevi tes un escaparate xigante. Ata o domingo o recinto acolle a décima edición de ‘Motorocasión Vigo’ que por segundo ano consecutivo celébrase de forma paralela ao Salón do Automóbil nun intento de fortalecer a actividade comercial en torno ao sector da automoción. Máis dun millar de vehículos usados e de ocasión ocuparán 15.000 metros cadrados no pavillón 3 do Intituto Ferial de Vigo e nun dos parkings.

Desta forma amplíase en 5.000 metros cadrados o espazo a ocupar por esta feira e dáselle ao futuro comprador a posibilidade de acceder a un mercado máis amplo de modelos de segunda mán. Os visitantes poderán comprar a prezos moi ventaxosos e con todas as garantías técnicas automóbiles ‘quilómetro cero’, seminovos, de demostración, de flota e de ocasión. A mostra inclúe desde vehículos de luxo e deportivos a outros máis urbanos e versátiles, todos eles con prezos de entre 3.000 e 100.000 euros, sempre depedendo do que busques.

Os coches vendidos irán substituíndose por novas unidades para manter unha ampla oferta. Xa poder ir hoxe de 16 a 21 horas ou a fin de semana de 10 a 21 horas. A entrada: 7 euros o público en xeral e de balde para os menores de 8 anos.

También te puede interesar