Vigo al minuto

O Concello enviste máis dun millón no cambio da iluminación e ornamentación do Casco Vello

Casco Vello de Vigo/Tresyuno comunicaciónO 90% do Casco Vello estará completamente remodelado ao rematar este ano. Así o anunciou hoxe o tenente de alcalde quen presentou o proxecto de renovación do alumeado e os servizo públicos e o impulso dun plan de ornamentación no barrio no que investiranse 1.146.000 € con cargo aos fondos do Plan E.

Santiago Domínguez explicou que o proxecto continúa a actuación iniciada nas rúas xa remodeladas, de xeito que se empregará o mesmo sistema e as mesmas farolas. «Teñen parámetros de eficiencia moi superiores aos que marca o regulamento, mentres que os dos actuais son moi inferiores», indicou. Neste sentido salientou que a substitución das luminarias supón un aforro enerxético do 55% en cada punto de luz. No tocante á eficiencia, comentou que é dun 78%, fronte ao 38% das antigas.

O tenente de alcalde salientou que estes datos permiten utilizar lámpadas de menor consumo, as lámpadas utilizadas ata o momento teñen unha potencia de 150 watios e un custo anual de 79 €, pola contra, as novas, de 79 watios, teñen un custo de 39,94 € ao ano.

No tocante ao plan de ornamentación, Domínguez indicou que se crearán zonas axardinadas no mediante o deseño singularizado para cada espazo concreto de actuación. Segundo o tenente de alcalde, unha vez que xa están executadas as actuacións prioritarias.

O nacionalista sinalou que o proxecto inclúe a actuación nun total de catorce rúas, entre as que se atopan a rúa Real, Alta, Palma, as catro travesías de Teófilo Llorente, Triunfo e as prazas de Santiago e Conquistadores. Na rúa Méndez Núñez e Fermín Penzol, que foi arranxada o ano pasado, faraes só actuación de ornato. Fóra do núcleo do Casco Vello traballarase no Paseo de Álvarez Blázquez. Esta actuación ten por obxectivo complementar a actuación desenvolvida no xacemento de O Castro mediante a construción de beirarrúas.

As melloras de abastecemento e pavimento desenvolveranse nas no tramo final da Real, rúa Alta, Baixada a Pedra e na Praza de Conquistadores, que une a Praza da Pedra co Centro Comercial de A Laxe. «Con estas actuacións e as xa presentadas para a Colexiata e o seu contorno podemos dicir que ao remate do 2010 teremos actuado practicamente no 90% do Casco Vello da nosa cidade».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.