_agenda Agenda

Bótalle un ollo ao mundo que nos contempla

Fai falla moito tempor para chegar a ser novo porque soamente os ollos que son libres poden ver o que mirar. E iso só está en poder da mocidade, porque a partir de certa idade vemos o que miramos,  “que pode parecer o mesmo pero non é igual”. Con esta filosofía chega Mingos Teixeira á Casa da Xuventude con ‘O mundo que nos contempla’, debuxo e pintura ata o 14 de maio.

Creador e educador plástico Teixeira cre que xulgar como ven o mundo os mozos e analizar as súas propostas pode axudarnos a todos a valorar máis axeitadamente o mundo en que vivimos. Mostrarnos as súas interpretacións, a súa innovación, o impulso a novas formas de expresión e un indubidable interese polo contorno é o que se propón nesta exposición dun grupo de mozos que intentan respostar á variedade de actitudes, concepcións e procedementos mediante obras realizadas con gran variedade de técnicas e con temáticas moi diferentes. Un grupo de futuros creadores aos que Teixeira ten a honra de orientar, aconsellar, compartir e aprender.

También te puede interesar