Galicia Vigo al minuto

Máis de 400 xogadores no Torneo de Minibásquet de Coia

Esta fin de semana chega ás pistas do Estadio Municipal de Balaídos o X Torneo Internacional de Minibásquet, organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia e patrocinado por Caixanova no que participarán máis de 400 xogadores en 42 encontros, femininos hoxe e masculinos mañá. Con máis de 30 equipos en competición, a metade en cada categoría, o índice de participación foi subindo paulatinamente ata configurar un evento deportivo de calidade para as categorías inferiores.

Os clubes que participarán na competición serán o Porriño Baloncesto Base, o Colexio Salesianos Vigo, o Club Baloncesto Baiona, o Gafanha Basquetebol, o Marín Peixe Galego, o Básquet Coruña, o F.C. Porto, o Club Baloncesto Arxil, o Carmelitas de Ourense, o Real Club Celta, o Instituto Rosalía de Santiago e o anfitrión, o Club Baloncesto Seis do Nadal. Por primeira vez participarán no torneo o Estudiantes de Lugo, o Club Baloncesto Ferrol e o Pío XII de Santiago.

También te puede interesar