_agenda Agenda

A ollada de Mario de Mezapa resoará no campus vigués

A XX edición da Mostra de Teatro Universitario do campus de Vigo baixa o telón cun concerto dun dos cantautores máis singulares do interior de Honduras, Mario Ernesto Castro, máis coñecido artisticamente como Mario de Mezapa. Será ás 18:30 horas, momento no que o artista presentará en concerto o seu último traballo, ‘De Sucias, Cadejos y Cucuruchos’, unha ollada crúa e honesta dunha realidade que é allea ao escritor de cidade, unha poesía nada do pobo e que dende o pobo se entende, aprecia e goza.

Con unhas primeiras cancións relacionadas coa loita pola Reforma Agraria, o cantautor comeza a subirse aos escenarios nos anos 70 cultivando seguidores con cancións que conteñen mitos e lendas traadicionais do campo, da pobreza e das pequenas alegrías da zona rural. Aínda que a súa unión á Central Nacional de Traballadores do Campo dalle o pulo definitivo.

También te puede interesar