_agenda Agenda

Os espectáculos en galego descubren os seus segredos no IES Audiovisual de Vigo

O equipo de Normalización Lingüística do IES Audiovisual de Vigo (rúa Eduardo Cabello, s/n) prepara unha charla coloquio a cargo de Xurxo Souto sobre os espectáculos e a radio en galego. A charla, que comezará ás 12 horas, celebrarase na sala de exhibicións do instituto e a entrada será libre e gratuita ata completar o aforo, previsto para cen persoas.

Xurxo Souto é un cantante, acordeonista, escritor e locutor que saltou á palestra por ser o líder da banda de rock Os diplomáticos de Monte-Alto e por ser un gran difusor da música galega de todos os tempos. En 1986 comenzou a traballar en diversos programas de radio en galego, sendo o máis coñecido e lonxevo ‘A tropa da tralla’, aínda que na actualidade participa nos programas ‘Aberto por reformas’ e ‘Mil ribeiras’ na Radio Galega. Ademais, desde outubro de 2005 é o Director de Programas desta emisora.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.