Vigo al minuto

O Concello terá que investigar qué edificios amenazan ruína

Pleno del Concello de Vigo/Tresyuno ComunicaciónO Pleno da Corporación Municipal acordou hoxe por unanimidade a elaboración dun mapa de vivendas unifamiliares e edificios en estado ruinoso. A moción, presentada polo Partido Popular, instaba ademais a executar as devanditas ordes de derrubo segundo o estado do inmoble. Os grupos municipais do PSOE e BNG votaron a prol do texto.

Por outra banda, e tamén a iniciativa do PP, o Pleno acordou informar á Corporación da retirada da pedra antiga dos pavimentos do Casco Vello, o volume retirado deste material,  a súa valoración económica, onde se almacena e cal vai ser o destino.

Apoio á manifestación en defensa do galego
Outras mocións aprobadas polo Pleno demandaron o apoio á manifestación do 17 de maio en Santiago na defensa do galego, a contraria á supresión do Servizo Galego de Igualdade e pola retirada do anteproxecto de lei para a súa extinción e que os programas educativos do Concello sexan financiados axeitadamente pola Consellería de Educación e a Deputación de Pontevedra.

Insta á Xunta a retirar o Plan do Litoral se non se adapta ao Plan Xeral

Asimesmo, a Corporación acordou, nunha moción extraordinaria, solicitar á Xunta de Galicia que adapte o seu Plan de Ordenación do Litoral ao Plan Xeral vigués ou, de non facelo, que retire o devandito texto. A moción, presentada de urxencia polo BNG e enmedada polo PSOE, deu continuidade á presentación ao Pleno do informe elaborado polos técnicos municipais sobre o Plan do Litoral e a súa incidencia no termo municipal vigués.

O delegado de Urbanismo, José Mariño, explicou que o informe elaborado polos técnicos municipais sobre o Plan da Xunta afecta a unha terceira parte do solo vigués. Mariño considerou esta afección como “excesiva e abusiva” e defendeu que o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo en vigor xa está adaptado á lei actual de protección da franxa costeira. “Estamos a prol dun plan que preserve o litoral”, asegurou “pero o Plan Xeral xa o fai“, apuntou o edil socialista.  O concelleiro incidíu asemade en que o Plan autonómico altera os parámetros do PXOM e o seu equilibrio financeiro, e non explica cómo afrontaríanse as indemnizacións resultantes da súa aplicación.

O tenente de alcalde salientou que o Plan de Ordenación do Litoral afecta “moi gravemente” ao desenvolvemento da cidade e denunciou a súa “falta de rigor“. Domínguez asegurou que o texto “destrúe e bloquea o noso crecemento” e recordou que o PXOM xa cumpre coa normativa de protección do litoral vixente.  Domínguez reiterou que “miles de edificacións” veríanse afectadas coa aplicación en Vigo do Plan autonómico de Ordenación do Litoral polo que pedíu a súa retirada “inmediata“.

O edil do PP, Antonio Martiño, defendeu que o Plan de Ordenación do Litoral é un “instrumento comprometido coa sostibilidade e a paisaxeque “protexe o litoral de Galicia” e avanzou que o seu grupo municipal presentará “no seu momento” alegacións ao texto “en defensa da cidade“.

También te puede interesar