_agenda Agenda

Máis aló do espazo no campus vigués

O Grupo Maricastaña ten unha proposta para ti: 80 minutos de espectáculo visual con ‘Odisea espacial’, que chega esta tarde (18:30 h) ao teatro Vidal Bolaño da Cidade Universitaria dentro da XII Mostra de Teatro Universitario do campus de Vigo. Unha función feita a partir da obra de Arthur C.Clarke que supón a primeira incursión de Maricastaña na ciencia-ficción. O autor constrúe unha magnífica odisea nos seus libros na que nos remonta aos nosos antepasados homínidos para explicar a orixe da intelixencia e a evolución do ser humano.

Unha proposta escénica en tres partes, a primeira delas levada ao cine por Kubrick, que nos leva polo val, a luna e o fillo das estrelas e que conta cun prólogo e epílogo breves. Todo iso en pouco menos de hora e media chea de proxeccións, dando importancia á luz e á música que se emite desde distintos puntos da sala e con actores que transitan desde o mono ata a tecnoloxía futura pasando pola ausencia de gravidade.

Unha reflexión sobre a nosa existencia na inmensidade do cosmos…

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.