Comarcas

A Asociación de Afectados da PLISAN denuncia xudicialmente a membros da Policía Autonómica

Os afectados califican a actuación da Policía Autonómica coma de “policía política”, logo de que, segundo detallan na denuncia presentada diante da Garda Civil, foran agredidos, física e mentalmente, por axentes do devandito corpo que, na sú opinión, pagou con membros da Asociación a súa “bochornosa actuación” o venres pasado en Vigo cando “non foron quen de protexer ao presidente da Xunta”.

Membros da Asociación de Afectados da Plisan durante a rolda de prensa no Concello de Salvaterra/Tresyuno ComunicaciónA Asociación de Afectados da Plisan , por boca do seu Secretario, José Luís Fernández Piñeiro, denunciou en rolda de prensa no salón de Actos do Concello de Salvaterra, onde levan 154 día pechados , como antidemocrático e propio de unha “policía política” a actuación da unidade da Policía Autónoma que o pasado sábado impediu a presenza de membros vestidos de smóking no acto de inauguración de un monolítico en Arbo , con motivo da  Festa da Lamprea. Ao acto asistiu o Presidente da Xunta de Galicia.

Os membros da Asociación presentáronse no lugar as 14:30 horas e situáronse na estrada detrás do monumento a inaugurar, en un lugar que non tiña signos algún de prohibición de ocupación. A Garda Civil de Arbo, tras negociar cos “homes de smóking” , ondeoulles trasladarse vintecinco metros máis lonxe, alegando que o lugar ocupado ía ser empregado “polas autoridades” .Nese intre, a policía autonómica, segundo indicaron, comezou a empurrar aos afectados cara o sitio designado pola Garda Civil. Chegados ao mesmo, proseguiu a empurralos mais ala, momento no que o secretario da Asociación recriminoulles aos tres dos policías que o estaban desprazando violentamente que xa se atopaban no lugar fixado pola garda Civil. O tres policías agarraron ao Secretario , retorcéndolle o brazo e a man , separárono dos seus compañeiros, e iniciando un cúmulo de insultos contra el ,como “hijo de puta”, “chulo”, “gilipollas”, acompañadas con ameazas de golpealo coas súas porras , rematando coa retirada violenta do seu DNI . Negáronse ate tres veces a identificarse. Outros membros do colectivo tamén foron maltratados.

Denuncia formal

Os feitos foron denunciados diante da Garda Civil de Ponteareas de maneira inmediata, e estase a estudiar polos servizos xurídicos da Asociación ampliar a denuncia por outros membros, e mesmo pola propia Asociación. A fotografías públicas do acto mostrar que finalmente o lugar inicial da protesta foi ocupada por simple cidadáns .

Vinganza polos “feitos de Vigo” e a “bochornosa actuación da Policía Autonómica”

Na opinión dos Afectados “a actuación antidemocrática da policía veu provocada por simple vinganza contra os homes de smóking, quen tamén participaron nas protestas do pasado venres en Vigo , que impediron un acto do Presidente Feijoo” , e nos que esta concreta unidade da Policía “tivo unha actuación lamentable e ridícula ao verse incapaz de protexer ao Presidente” , como se conclúe do mero exame dás fotos publicadas , onde un dos homes de smóking foi fotografado a menos de tres metros Feijóo e o resto aparece na práctica totalidade dos reportaxes gráficos que acompañaron as noticias. No lle cabe a menor dúbida a esta Asociación que “os responsables políticos da Policía deberon recriminar esta ineptitude a aquela unidade na mesma tarde noite do venres. A prensa do sábado certificou a súa incapacidade diante da opinión pública” .Os feitos aquí denunciados aconteceron a mediodía do sábado.

Según os membros da Asociación, a falta de público neutral , a practicamente nula presencia de medios de comunicación no momento dos feitos, o apartado do lugar, o pequeno número dos homes de smóking , oito, “aumentou a sensación de impunidade dos policías denunciados , que sen dúbida buscaba impedir unha nova foto dos de smoking co Presidente que revelara os novos fallos de seguridade e mostra da súa ineptitude e ineficacia“, e “cobraron” pola súa man a factura do seu “bochorno” do día anterior.

As afectados reclaman aos responsables políticos a inmediata depuración de responsabilidades, ou serán considerados “cómplices” de estes actos absolutamente antidemocráticos.

También te puede interesar