_agenda Agenda

Saltando alambradas sobre o escenario en Castrelos

Un home alienado nunha sociedade gris, decrépita, subordinada ao deus do capital, nun mundo hostil á creatividade e nocivo contra a natureza. Así é o home de ‘Alambradas’, a obra que a Compañía David Fernández Rivera trae esta tarde (19 horas) á AVV CD ‘Castrelos’ Monte da Mina dentro do programa Vigo a escena 2010. O espectador asistirá a 75 minutos nos que se explicará a humanidade actual «nos seus últimos estadios de degradación moral tanto para sí mesmos como para o seu contorno», aínda que a tempo de salvarse. Pero onde se atopa esa salvación?

O espectáculo combina danza, coreografías con armas brancas e fachos. A forza da súa plasticidade e colorido é coma un cadro ao óleo que cobra vida ante nosoutros para removernos e facernos partícipes do problema e da súa solución, recordando na súa execución ao teatro pánico.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.