_agenda Agenda

O novo hospital, analizado na Cova dos Ratos

Se te interesa todo o relacionado co novo hospital e a súa polémica de financiación, esta tarde (20 horas) tes unha cita no centro social ‘A Cova dos Ratos’ (calle Romil, 3). O Grupo de Axitación Social (GAS) e A.C. Caleidoskopio organizan unha charla baixo o título ‘O novo hospital de Vigo: un cambio no modelo sanitario de Galiza?’, na que Cándido Gonzálvez, traballador no Hospital Xeral e responsable comarcal da CIG na negociación colectiva, explicará o proceso e sobre o conflicto laboral asociado. Ademáis, Manuel Moreira, membro da Xunta de Persoal, falará sobre as cuestións técnicas que deron lugar ao conflicto acompañado por imaxes.

También te puede interesar