RGPD - Cookies
Deportes Vigo al día

O taekwondista vigués Fernando Rascado, na copa do Mundo Iberoamericana

O vigués Fernando Rascado. Foto: José Cid.
O vigués Fernando Rascado. Foto: José Cid.

O taekwondista do Tao Vigo Fernando Rascado acaba de ser convocado pola Federación Española de Taekwondo para participar co equipo español na Copa do Mundo Iberoamericana 2010 que de celebrará o vindeiro 25 de abril en Alicante. Rascado, na categoría de menos de 80 quilos, acaba de gañar a medalla de prata no Campionato de España absoluto.

No campeonato do mundo Parataekwondo

Non será o único galego convocado nesta ocasión. Alex Vidal, do Natural Sport Ribeira, tamén participará no Campionato do Mundo Parataekwondo 2010 que o levará o vindeiro 11 de maio a San Petersburgo. É o primeiro deportista paralímpico do taekwondo galego e xa participou no Campionato do Mundo o ano pasado, onde logrou unha medalla de prata.

También te puede interesar