RGPD - Cookies
Comarcas

A área Metropolitana de Vigo abranguirá 14 concellos e terá 480.000 habitantes

Area MetropolitanaRepresentantes da Xunta de Galicia, da Universidade de Vigo e dos concellos que formarán parte da Área Metropolitana de Vigo mantiveron esta tarde unha reunión na Delegación Territorial de Vigo para seguir avanzando no estudo técnico sobre a viabilidade deste ente supramunicipal, que prepara a Universidade de Vigo e que complementará o borrador de lei de creación da área no que traballa a Dirección Xeral de Administración Local.

 

director xeral de Administración Local, Norberto Uzal, foi un dos participantes na reunión de hoxe, na que tamén estivo a delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, e representantes dos concellos que formarán a área e que, unha vez rematado o prazo establecido, remitiron a información económica requirida pola Xunta e pola Universidade para realizar o estudo. O mesmo analiza cada un dos dez servizos que está previsto que preste a área e que permite coñecer o tipo de xestión que se está a levar a cabo, a empresa que o presta, o prazo de duración, a data de fin de contrato, os anos que restan e os principais indicadores económicos.

Neste sentido, hai que resaltar que o Concello de Vigo foi o único que non enviou a información económica solicitada ademais de non enviar ningún representante á reunión mantida esta tarde na sede da Xunta.

Algunhas das vantaxes que introducirá a creación da área metropolitana na prestación deses servizos son a redución de custes –mediante economías de escala e unha xestión conxunta planificada– e que se garante o acceso aos servizos de idénticas características con independencia do lugar de residencia.

 

A área metropolitana de Vigo abarcaría unha poboación de case 480.000 persoas e unha extensión de 749 quilómetros cadrados repartidos nos Concellos de Vigo, Cangas, Moaña, Soutomaior, Fornelos, Pazos de Borbén, Redondela, Nigrán, Baiona, Gondomar, Mos, Porriño, Salceda de Caselas e Salvaterra.

 

También te puede interesar