_agenda Agenda

Busca un lugar onde vivir cos catro da Xunqueira

Un día máis, o programa Vigo a Escena trae unha obra de teatro para todos os públicos esta tarde (19 horas) no Ateneo de Bouzas, no auditorio do IES Audiovisual. Nesta ocasión tócalle o turno a Limiar Teatro, que durante unha hora entreterá de balde a grandes e pequenos coa obra ‘Os 4 da Xunqueira’.

Can, Boi, Gata e Galo son catro amigos que se xuntan polo camiño cando deciden fuxir da cidade na procura dun lugar millor onde vivir. Xuntos deciden viaxar ata a Xunqueira para dar sentido ao seu proxecto musical e moito máis. Non te perdas as súas aventuras.

También te puede interesar