RGPD - Cookies
Comarcas Destacados

Ábrese o prazo de inscripción para os campamentos de verán da Deputación na Praia de A Lanzada

camping4bA Deputación de Pontevedra ven de abrir o prazo para anotarse ás prazas do Campamento de A Lanzada. O mesmo está pensado para rapaces e rapazas que teñan o seu domicilio habitual no Concello no que se solicita a praza e nados entre os anos 1997 e 2002 (ambos incluídos). A presentación de solicitudes deberá ter entrada nas oficinas da Cidade Infantil “Príncipe Felipe” antes do 7 de maio, aínda que pódese presentar tamén na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo, na rúa Oporto.

Datas

1ª Quenda. Do 24 de xuño o 30 de xuño.

2ª Quenda. Do 01 de xullo o 7 de xullo.

3ª Quenda. Do 08 de xullo o 14 de xullo

4ª Quenda. Do 16 de xullo o 22 de xullo

5ª Quenda. Do 23 de xullo o 29 de xullo

6ª Quenda. Do 01 de agosto entre o 07 de agosto

7ª Quenda. Do 08 de agosto o 14 de agosto

8ª Quenda. Do 16 de agosto o 22 de agosto

9ª Quenda. Do 23 de agosto o día 29 de agosto

10ª Quenda. Do 30 de agosto o 05 de setembro.

A incorporación o campamento terá lugar entre as 10 e as 11 horas en tódalas quendas e o peche ás 10 horas. Rógase máxima puntualidade á hora fixada para a recollida dos rapaces, tendo en conta que as instalacións do Centro cerrábanse á hora sinalada. O prezo é de 68 € por neno/a. 

Equipo mínimo para acampada

4 Camisetas deportivas, 2 Pantalóns de deporte, 2 Pares de zapatillas deportivas (tenis) , 1 Fanequeiras, 4 Pares de calcetíns de deporte, 1 Chándal, 1 Prenda de abrigo, 1 Chuvasqueiro, 2 Pixamas, 4 Mudas , 2 Bañadores, Toalla de praias, 1 Toalla de ducha , útiles de aseo persoal (neceser: xel, champú, pasta e cepillo de dentes, cepillo de pelo, etc.), 1 Bolsa de tea para a roupa sucia co número que se lle dará a cada rapaz ca concesión da praza e co que tamén marcarán a roupa, saco de durmir, lanterna, cantimplora, crema protectora solar, libreta, bolígrafos e rotuladores, materiais para debuxo, instrumento musical e libros de lectura.

Anotación a ter en conta

Os nenos/as durmen en tendas de campaña de 5 prazas (mínimo) cada unha. En cada quenda de campamentos realízase unha excursión a Illa de Ons na que o prezo do billete por parte do neno son 12 € que se entregarán no campamento o primeiro día. En canto os cartos para o acampado/a son suficientes 5 € (para un xeado, un refresco, chamar por teléfono,…) Poden levar teléfono móbil pero será gardado polos monitores e danllo os nenos/as os días e nas horas sinaladas para chamar a casa, así como, poden levar cámaras dixitais pero o campamento non se fará cargo do seu extravío.

También te puede interesar