Galicia

Seis de cada 10 familias chega a fin de mes en números vermellos

O soldo non da para máis. En plena época de crise, a enquisa coxuntural a fogares do Instituto Galego de Estatística demostra que máis do 58 por cento dos fogares galegos ten dificultades ou moitas dificultades para chegar a fin de mes, ó menos no que vai de ano. Sen embargo, no outro extremo aparece un 41,46% que pasa de mes sen ter que rozar sequera os números vermellos.

E cando as contas non dan o primeiro que eliminamos son os gastos extra, ó menos para o 40 por cento das familias galegas. Saídas a cear, cafeterías e cine son os que máis acusan a necesidade de aforro dos galegos. Para seguir recurtando, ao facela compra a man vaise ás marcas brancas ou as ofertas (42%), redúcese o gasto en ropa e transporte (23%), algún membro da familia tivo que poñerse a traballar (6,2%) ou pediuse axuda a familia e amigos (5%). Só o 3,5 por cento dos fogares recurríu á financiación, aínda que case un 5% máis prevé facelo nos próximos tres meses.

Todo isto tendo en conta que máis dun 22 por cento das familias está hipotecada e que case un 13 por cento paga o crédito do coche. Por iso non resulta extrano ver nos resultados da enquisa que case un cinco por cento dos fogares retrasouse no pago das facturas básicas, como aluguer, hipoteca, auga ou electricidade.

Os máis afortunados, un de cada tres, puido aforrar algo de cartos. Ademáis, hai quen fixo gastos extra en alimentación (25%), en ropa e calzado (15%), puido facer fronte a imprevistos ou grandes compras (17%) ou irse de vacacións (case 13%).

También te puede interesar