Galicia

Seis de cada 10 galegos fala na súa lingua materna

Ó menos é o que se deduce da enquisa de condicións de vida das familias do Instituto Galego de Estatística. Segundo esta enquisa, en 2008 o 56,4 por cento da poboación falaba maioritariamente en galego, aínda que sólo o 30 por cento faino sempre, 13 puntos menos que no último estudo feito en 2003. Uns puntos que repartiron os que falan máis galego que castelán (sube 8,2 puntos) e os que falan máis castelán que galego (suma 3,8 puntos e sitúase no 22,5%). Sen embargo, os que falan sempre castelán só son o 20,1 por cento.

Ourense e Lugo é onde máis se fala sempre galego, cun 41,9 e 40,3 por cento respectivamente. Mentres, nos 7 grandes concellos galegos o uso do galego está por debaixo da media galega. En Vigo e Ferrol fala habitualmente sempre en galego o 7,1% da súa poboación de 5 ou máis anos, mentres que en Santiago esta porcentaxe acada o 21,2%.

E o idioma tamén é unha cuestión de idade, xa que case o 53 por cento dos maiores de 65 anos só fala galego e o 25,6 úsao maioritariamente, mentres isto só se da nun 15,3 e 20,9% nos rapaces de 5 a 14 anos.

Ademais, a lingua na que actualmente falan uns 126.000 galegos non é a mesma de sempre, xa que máis do 34 por cento cambiou desde o castelán, sobre todo por unha cuestión personal o laboral. Mentres, no tocante á lingua habitual de escritura produciuse un lixeiro incremento de galegos que escriben na súa lingua materna, pasando do 14,5% en 2003 ao 15 por cento en 2008.

A familia é o medio máis utilizado para aprender a falar en galego xa que o 83,2% dos galegos de 5 ou máis anos que o saben falar aprendérono por este medio. Esta porcentaxe varía en función da idade: o 95,1% dos galegos de 65 ou máis anos aprenderono a través da familia, mentres que entre os rapaces e mozos de entre 5 e 29 anos esta porcentaxe baixa ata o 69,9%. Dentro deste colectivo a escola convértese no medio máis habitual para aprender a falar en galego.

Dentro dos núcleos familiares, o 49% dos galegos fálalle sempre en galego aos fillos, o 29% sempre en castelán, o 12% máis castelán ca galego e o 8,9% máis galego ca castelán. No ámbito social, o 40,4% da poboación galega fala sempre en galego cos amigos, o 27,6% en castelán, o 16,2% utiliza máis castelán ca galego e o 15,8% máis galego ca castelán.

No traballo, 36,8% dos empregados falan sempre en galego cos compañeiros de traballo, o 31,5% co persoal ao seu cargo, o 31% cos superiores e o 28,3% cos clientes.

También te puede interesar