RGPD - Cookies
Vigo al día

Os vigueses agardamos, de media, dous meses e medio para ver ao especialista

SergasSegundo unha nota difundida hoxe polo Servicio Galego de Saúde, o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) rexistra un tempo de espera media para unha intervención cirúrxica nos pacientes de prioridade 1 (aqueles que padecen unha patoloxía máis grave) de 28 dias, cuatro días menos que no pasado ano. Por primeira vez o CHUVI cumple co Real Decreto que regula esta actividade e os pacientes en prioridade 1 son atendidos antes de 30 días.
  
Esta información se desprende da análises dos datos oficiais de lista de espera publicados hoxe na páxina web do Servizo Galego de Saúde e que fan referencia ao primeiro trimestre do ano. Neste senso, a información oficial referida ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, indica que, a 31 de marzo, o CHUVI rexistra 6343 pacientes en lista de espera cirúrxica cun tempo de demora media de 79,4 dias.

Maior rendemento cirúrxico 

Neste contexto, outro dato a subliñar, segundo di o SERGAS, é o  da actividade do Complexo Hospitalario neste primeiro trimestre do ano é o do rendemento cirúrxico, que incrementouse en cuatro puntos máis, acadando un 74 %. Así, a xerencia do CHUVI prevé, antes de finalizar o ano, cumprir o obxetivo comprometido nos Acordos de Xestión asinados co Servizo Galego de Saúde, que establece o rendimento dos quirófanos nun 75%.

Estadía media 

 Outro indicador asistencial que neste ano mellorouse é o da estadía media (número de días que o paciente permanece ingresado) que por primeria vez no CHUVI é lixeiramente inferior aos 9 dias, rexistrándose 8,8. Esto é un dato moi relevante xa que ten repercusión nas camas de hospitalización disponibles e, polo tanto, nos tempos de espera dos pacientes nas Urxencias que necesitan ingreso.
 
76 días e medio para ver ao especialista
 

Polo que respecta ás consultas externas, o tempo medio que un paciente espera en Vigo para ser atendido en consulta ordinaria polos especialistas do CHUVI, diminuiu en seis dias, rexistrándose 76,5 dias de demora media. Segundo os responsables dos hospitais públicos da cidade, isto acadouse grazas á modificación o sistema de información para que permita diferenciar os programas de sáude, é decir, as revisións periódicas anuais ou bianuais de xente sana (fundamentalmente en xinecoloxía), dos procesos propiamente patolóxicos. Consulta aquí as listas de espera por hospitis e especialidades

También te puede interesar