_agenda Agenda

Berrogüetto pensa en verde en Caixanova

O grupo galego Berrogüetto. Fotos: Karlos Abal.
O grupo galego Berrogüetto. Fotos: Karlos Abal.

Rosa Aneiros e Manuel Rivas axudaron ao grupo galego Berrogüetto a preparar o seu último disco, que presentarán hoxe (21 h) no Centro Cultural Caixanova. Os galegos traen baixo o brazo ‘Kosmogonías‘, unha síntese entre música, filosofía e ecoloxía co que avanzan na súa traxectoria que comezou en 1995 cando seis músicos de procedencias dispares se xuntaron coa intención de levar a música tradicional un paso máis aló experimentando con novas sonoridades.

E chegan a Vigo, “o Liverpool da música folk galega” tendo en conta o panorama musical dos últimos 40 anos. E faino con 11 cancións “nas que están o alento de todos os músicos da formación, no que expresamos os berros fundamentais para o grupo, o berro das mulleres, do mar e da terra”. Todo nunha necesidade de mellorar a súa relación co planeta.

recadación irá destinada á Fundación Manuel María para a apertura dunha casa museo en Outeiro de Rei. Xa podes conseguir a túa entrada entre 7 e 14 euros na web de Caixanova, chamando ao 902 504 500 ou na taquilla a mesma tarde do concerto.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.