_agenda Agenda

As ideas choven a través da pantalla

Cine sobre cine esta tarde (19 horas) no Punto Xove da Concellaría de Xuventude de Vigo (López de Neira, 27). Hoxe proxéctase ‘Brainstorming’, a historia en clave de humor dun proceso creativo. Trátase dun colectivo de xente que participa na elaboracion dunha curta, é dicir, é unha curtametraxe que trata dunha curtametraxe.

Os distintos personaxes móstrannos ao longo da historia o seu particular visión do curto e do cine en xeral, uns puntos de vista que necesariamente chocarán nalgún momento. Non te perdas esta peculiar historia de humor na que as ideas son o de menos.

También te puede interesar