Comarcas Galicia

A Festa da Lamprea cumpre medio século repartindo 20.000 racións

A Festa da Lamprea cumpre 50 anos de vida.
A Festa da Lamprea cumpre 50 anos de vida.

É a festa gastronómica máis antiga de Galicia. A Festa da Lamprea de Arbo cumpre os próximos 23, 24 e 25 de abril 50 anos e celebrará o seu aniversario repartindo máis de 20.000 racións sacadas de 5.000 exemplares preparados á bordalesca, seca ou en empanada. Mil xeitos de preparar un peixe tan particular que con 500 millóns de anos de existencia nace no río, vota dous anos coma emigrante no mar e regresa ás augas fluviais a pasar o resto da súa vida.

Recoñecida como festa de interés turístico nacional desde 2005, esta cita gastronómica naceu en 1961 e xa foi ensalzada por escritores tan destacados como Álvaro Cunqueiro. E contan as vellas que xa Afonso XIII probou este peixe despois de ser obsequiado con varias pezas ao seu paso pola vila.

A festa foi presentada entre máis de 150 autoridades, o que axuda a facerse unha idea da importancia desta cita coa lamprea, na que se xuntan gastronomía e paisaxe. Como asegurou o Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, “se Galicia é o país dos mil ríos e festas, de entre os ríos galegos, o Miño, e, de entre as festas gastronómicas, a lamprea de Arbo”.

A presentación estivo arropada por máis de 150 autoridades.
A presentación estivo arropada por máis de 150 autoridades.

También te puede interesar