Vigo al minuto

Lecer infantil chegará ao Calvario logo dun convenio entre o Concello e «Hoy por mañana»

A concelleira de Benestar Social comparecendo ante os medios de comunicación
A concelleira de Benestar Social comparecendo ante os medios de comunicación

O programa de lecer infantil amplíase ao Calvario. Esta iniciativa será posible logo da sinatura dun convenio entre a concellería de Benestar Social, e a asoción «Hoy por mañana», que, deste xeito, súmase os que se desenrolan no Plan Comunitario de Teis e a asociación Abertal, o que permitirá atender a un total de 65 nenos e nenas.

A concelleira de Benestar Social sinalou que a importante concentración de colexios no Calvario e na Dobrada tamén influíu á hora de elixir a zona da cidade na que implementar este recurso municipal, posto que un dos seus obxectivos é fomentar o rendemento escolar de nenos e nenas. María Méndez indicou que foron os propios directores dos centros de primaria os que demandaron a posta en marcha do servizo, xa que os seus beneficios non so se perciben nos participantes, «senón tamén nas aulas ás que pertencen e nas súas familias».

O programa, que terá lugar nas instalacións de «Hoy por mañana», ofrece vinte prazas e se levará a cabo en dous grupos, un cos nenos e nenas de 6 a 9 anos e outro de 10 a 12 anos. O servizo desenvolverase de abril a xuño e de setembro a decembro, en horario de 16 a 19 horas de luns a xoves e no mes de xullo tamén de luns a xoves de 10 a 13 horas. As actividades programadas abarcan xogos de cooperación, deportivos e de animación, así como obradoiros ambientais, de teatro e música, así mesmo, faránse saídas á praia de Samil, Castrelos, A Bouza, así como a exposicións e á piscina de Lavadores, entre outras.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.