Deportes Destacados

Máis de 330 deportistas na Festa do Kárate en Bouzas

A Festa Infantil do Karate chega esta fin de semana a súa vixésimo terceira edición con 300 deportistas de entre 5 e 17 anos e 30 veteranos (con máis de 50). A festa será o sábado a partires das 17 horas no pavillón de Bouzas e desenvolverase por equipos coa participación de distintos clubes da cidade, así como das Escolas Deportivas Municipais.

Organizado pola agrupación deportiva Zanshin de Vigo, o programa inclúe unha mención especial a karatekas destacados da cidade, así como unha exhibición de tai chi.

También te puede interesar