Deportes Vigo al minuto

O Natural gaña en casa os campionatos galegos cadete e sub-21

Aaron Martínez (Patiño) e Gaila Fernández (Kiap) foron elexidos como os mellores competidores cadetes, mentres que José Fernández (Natural) e Katia Calvar (Mat’s) o conseguiron na categoría sub-21.

O Natural Sport de Ribeira proclamouse campión absoluto en casa nos campionatos galegos cadete e sub 21, que tiveron lugar esta fin de semana no Polideportivo de Fieiteira. Todo nunha xornada maratoniana para acoller os dous campionatos xa que participaron case 300 deportistas e tiveron que celebrarse máis de 200 combates.

En ambos campionatos empregáronse petos electrónicos Daedo e sistema de vídeo replay, as dúas últimas actualizacións tecnolóxicas introducidas pola World Taekwondo Federation. No campionato cadete participaron 92 competidores masculinos e 72 femininas. Na categoría masculina proclamouse gañador por equipos o ximnasio Patiño, mentres que na feminina gañou o Natural Sport, que  tamén foi o primeiro na xeral, seguido polo Patiño e polo Mace Sport. Ademais, Aaron Martínez (Patiño) foi elixido como mellor competidor cadete masculino, mentres que Gaila Fernández (Kiap) é a mellor competidora.

No campionato sub 21 participaron 61 homes e 40 mulleres e o Natural Sport volveu a ser o mellor. Gañou na categoría masculina e na xeral, mentras que o Mat’s foi o primeiro na categoría feminina. O podio da xeral completouse co Mat’s na prata e o Mace Sport no bronce. A nivel individual, José Fernández (Natural) foi elixido como o mellor competidor masculino e Katia Calvar (Mat’s) na categoría feminina.

Os dous campionatos son clasificatorios para as concentracións de preselección, que determinarán finalmente a composición do equipo galego nos campionatos de España sub 21 e cadete que se celebrarán en xuño e maio, respectivamente.

O NATURAL, GAÑADOR DOS CAMPIONATOS GALEGOS SUB 21 E CADETE
Aaron Martínez e Gaila Fernández (cadetes) e José Fernández e Katia Calvar (sub 21) foron elixidos como mellores competidores.
A Coruña, 11 de abril de 2010.  O Natural Sport de Ribeira proclamouse campión absoluto nos campionatos galegos cadete e sub 21, que tiveron lugar esta fin de semana no Polideportivo de Fieiteira.
Foi unha xornada maratoniana para acoller os dous campionatos xa que participaron case trescentos participantes e tiveron que celebrarse máis de douscentos combates nos catro tapices dispostos. Ademais nos campionatos empregáronse petos electrónicos Daedo e sistema de vídeo replay, as dúas últimas actualizacións tecnolóxicas introducidas pola World Taekwondo Federation, amosando unha vez máis a Federación Galega o seu desexo de contar con todos os medios tecnolóxicos necesarios para mellorar a formación das e dos deportistas.
Desta forma, no campionato cadete participaron 92 competidores masculinos e 72 femininas. Na categoría masculina proclamouse gañador por equipos o Patiño, mentres que na feminina gañou o Natural Sport, que  tamén foi o primeiro na xeral, seguido polo Patiño e polo Mace Sport. Ademais, Aaron Martínez (Patiño) foi elixido como mellor competidor cadete masculino, mentres que Gaila Fernández (Kiap) é a mellor competidora.
No campionato sub 21 participaron 61 homes e 40 mulleres e o Natural Sport volveu a ser o mellor. Gañou na categoría masculina e na xeral, mentras que o Mat’s foi o primeiro na categoría feminina. O podio da xeral completouse co Mat’s (segundo) é Mace Sport (terceiro). A nivel individual, José Fernández (Natural) foi elixido como o mellor competidor masculino, mentres que Katia Calvar  (Mat’s) é a mellor competidora.
Os dous campionatos, que coma sempre contaron co patrocinio de  Caixanova e Pescanova, son clasificatorios para as concentracións de preselección, que determinarán finalmente a composición do equipo galego nos campionatos de España sub 21 e cadete que se celebrarán en xuño e maio, respectivamente.

También te puede interesar