VellosSabía que o Concello ofrece un programa de avellentamento activo? Pois é así. A concelleira de Benestar fixo hoxe balance do programa do seu funcionamiento que, segundo salientou, ao longo do 2009 disfrutaron 1.230 persoas maiores de 65 anos. As actividades encelladas ao mesmo desenvolveronse en 17 asociacións veciñais coa finalidade de “transmitir unha visión positiva da vellez” e que evita asociala con elementos negativos coma os achaques, a próstata, as pírulas, os netos pesados ou os cuñados inmortalmente gorróns.

María Méndez dixo que no que vai de 2010 son xa 250 as persoas anotadas para participar en musicoterapia, risoterapia, danzas do mundo, baile galego, tai chi, ioga, teatro e informática, ademáis de actividades deportivas, como natación e ximnasia para maiores.

A concelleira salientou que outra das iniciativas que tivo moi boa acollida o ano pasado é “Viaxa e coñece”: dende Benestar se facilita un autobús ás asociacións que o solicitan para facer viaxes por Galicia e Norte de Portugal. Tamén foron moi demandadas as charlas informativas sobre patoloxías que poden ter as persoas maiores e nas que se ofrecen pautas de comportamento axeitadas para afrontalas, entre elas “Nutrición e saúde” e “Prevención da diabete”.

Tamén falou dos talleres interxeneracionais aos que os aós poden ir cos netos e  que desenvolvense ao aire libre en diversas prazas de Vigo cando en verán se suspenden os cursos. “Moita xente maior non vai de vacacións, polo que ofrecemos talleres ao aire libre nas prazas da cidade un día á semana. Deste xeito cubrimos o espazo do 1 de xuño ao 31 de agosto”.

No eido cultural María Méndez mencionou dúas actividades. Por unha banda a visita aos museos Quiñones de León, Marco, Verbum, Liste, a Fundación Laxeiro, o Centro de Artesanía Tradicional e a Casa Galega da Cultura, que se pode solicitar dende as asociacións veciñais e “Percorrido pola nosa historia“, unha novidade para este ano que trata de poñer en valor os xacementos arqueolóxicos de Toralla, O Castro e as salinas de Rosalía de Castro. Esta iniciativa, que se desenvolve en colaboración coa Concellería de Patrimonio Histórico, ofrece unha visita guiada á semana por asociación e comezará no mes de maio.

 

También te puede interesar