RGPD - Cookies
Deportes Vigo al día

O Porriño, Seis do Nadal e Juventude Pacense, campións do 2º Torneo Internacional Infantil

O Porriño, campión da serie 'Celso Emilio Ferreiro'.
O Porriño, campión da serie 'Celso Emilio Ferreiro'.

Cada un na súa categoría, o Porriño, o Seis do Nadal e o Juventude Pacense conseguiron o podium no segundo Torneo Internacional Infantil 2010 ‘Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo’, organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia. Na serie ‘Celso Emilio Ferreiro’ o gañador foi o Porriño Baloncesto Base, que se impuxo ao Seis do Nadal por 4 puntos de diferenza e ao F.C. Porto por 20 puntos.

Por outro lado, o Ópticas A&B Seis do Nadal, equipo infantil feminino B do Club Baloncesto Seis do Nadal proclamouse campión da categoría ‘Seis do Nadal’, ao gañar ao C.B. Baiona por 11 puntos e ao F.C. Porto por 21. Mentres, o Juventude Pacense da localidade portuguesa de Paços da Ferreira conseguíu impoñerse de forma contundente na categoría infantil masculina serie ‘Illas Cíes’, onde gañou por 38 puntos ao Colexio Salesianos e por 70 ao Seis do Nadal.

Seis do Nadal, campion da serie 'Seis do Nadal'.
Seis do Nadal, campion da serie 'Seis do Nadal'.
O Juventude Pacense, campión da serie 'Illas Cíes'.
O Juventude Pacense, campión da serie 'Illas Cíes'.

También te puede interesar