Galicia

Máis madeira

A Consellería de Presidencia destinará 283.500 euros á concesión de axudas económicas aos concellos de Galicia para a contratación temporal de auxiliares de policía local durante os meses de verán (xuño, xullo, agosto e setembro)

policia-localA Consellería de Presidencia destinará 283.500 euros á concesión de axudas económicas aos concellos de Galicia para a contratación temporal de auxiliares de policía local durante os meses de verán (xuño, xullo, agosto e setembro), o que representa un 16% máis do achegado o ano pasado.

Poderán solicitar estas subvencións os concellos que non superen os 30.000 habitantes, que conten cun corpo de policía local formado por un mínimo de tres membros, que vexan aumentada de forma notoria a súa poboación durante os meses estivais e que teñan presentadas as súas contas correspondentes ao exercicio orzamentario de 2008 no Consello de Contas de Galicia.

Corresponderalle ao concello peticionario o pagamento, como mínimo, do 25% do importe total do contrato formalizado cos auxiliares de policía local. Ademais, o número de contratos temporais que subvencione a Consellería non poderá superar o 50% do persoal funcionario da policía local do mesmo.

Non serán consideradas as solicitudes dos municipios que non teñan actualizado o envío de datos da súa policía local ao Rexistro de Policía Local de Galicia da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes, que será dentro dun mes, o 30 de abril. Na avaliación das peticións ponderaranse aspectos como a ratio de policías/poboación do concello, a relación de necesidades municipais e a declaración de municipio turístico. A contía máxima por subvención será de 30.000 euros.

 

 

 

También te puede interesar