Comarcas

A Semana Santa chega cun maratón de fútbol sala a Redondela

Como xa é habitual na Semana Santa redondelá, dende hoxe Xoves Santo daranse cita no Pavillón Municipal de Deportes moitos dos mellores equipos de fútbol sala da provincia para disputar o clásico Maratón de Fútbol Sala Concello de Redondela, que nesta ocasión cumpre 29 anos.

O maratón, que se xogará de xeito ininterrompido dende as 16.00 horas do xoves 1 de abril ata a madrugada do día 3 cara o 4 de abril,  está organizado polo Club Redondela Fútbol Sala en colaboración coa concellería de Deportes e patrocinado por Umbro, a cafetería Aifos e Amoedos Rotulación. Ao finalizar o torneo entregaranse trofeos aos 4 primeiros clasificados, ao equipo menos goleado, á deportividade, ao mellor xogador e ao máximo goleador.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.