Cultura Destacados

Prepárate para loitar contra o Alzheimer

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Galicia organiza o primeiro curso de Intervención Multidisciplinar neste tipo de pacientes dirixido a persoas técnicas interesadas en traballar nun campo no que, aínda nas épocas de crise económica, está en constante crecemento. A implantación da Lei de Atención á Dependencia, o progresivo envellecemento da poboación e a detección cada vez máis temperá das demencias fai que sexa necesario unha incorporación continua de persoal especializado en centros de día, terapéuticos ou de atención especializada.

O curso ten unha duración de 35 horas, 15 delas prácticas nos Centros que xestiona Afaga e está avalado pola Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía e conta co recoñecemento de interese sociosanitario pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. O curso celebrarase dende o día 5 de abril ó 14 de maio e as prazas son limitadas, tendo como data límite de inscrición o día 31 de marzo.

Na actualidade, Afaga conta con 30 traballadores nos seus programas de atención a persoas con demencia tipo Alzheimer e se estima que en Galicia traballan preto de 400 persoas en atención especializada a persoas maiores con dependencia. E a apertura de novos Centros de Día, tanto públicos como privados fan que as expectativas laborais sexan moi optimistas neste campo.

A asociación xestiona actualmente o Centro de Día de Beiramar, dependente da Xunta; unha Unidade Terapéutica en O Porriño e un Centro de Psicoestimulación en Vigo. Tamén organiza máis de 2.000 actuacións anuais nos seus programas de acollida, atención social, atención no domicilio, voluntariado social, apoio psicolóxico, formación, sensibilización… e atende a máis de 3.000 persoas en Vigo e a súa comarca.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.